Técnicos de Proyfe intercambiaron impresións e informaron sobre os avances de ambas as superficies industriais, licitadas o pasado 31 de xaneiro. A empresa Proyfe encargarase da redacción do proxecto do polígono de Reboredo, por un importe de 50.336 euros.
O Parque Empresarial de Reboredo, en Monforte de Lemos –actualmente ocupado na súa totalidade– duplicará a súa superficie sumando 275.000 metros cadrados máis, cun investimento previsto que superará os 13 millóns de euros. SEA responde así ao crecemento que, no últimos tres anos, experimentou este parque empresarial, pasando do 20 ao 100 por 100 de chan adxudicado.
Tanto SEA como o Concello de Monforte traballaron intensamente para conseguir que unha trintena de empresas estean asentadas nesta superficie industrial xerando máis de trescentos empregos directos. Compañías como Oviganic, especializada en produtos lácteos; e a farmacéutica KernPharma, pertencente ao grupo Indukern, son algunhas das empresas que se instalaron no Reboredo.
Tanto SEA como Proyfe coincidiron en valorar a importancia de realizar dous proxectos “vivibles”; isto significa que se lle vai a dar gran importancia aos espazos verdes, á construción de carrís bici e outras dotacións que permitan conectar estas superficies industriais coas necesidades dos concellos.